Programa Ledicia. Intelixencia Emocional na Nenez
Un programa destinado a nenas e nenos de Educación Primaria (a partir dos 6 anos), enfocado no desenvolvemento de habilidades emocionais e sociais fundamentais para a súa vida cotiá.

Detalles do programa:
Duración: 10 sesións (1 sesión individual de 1 hora á semana).
Prezo: 30€ por sesión.
Temáticas abordadas: coñecemento das emocións básicas, habilidades para interaccións sociais e amizades, asertividade, relación coa familia, publicidade e consumo, autoestima e resolución de conflitos.
Impartido por: Educadora Social especializada.
Un espazo onde os máis pequenos poderán aprender a xestionar as emocións, relacionarse de forma positiva e fortalecer a súa confianza para enfrontar retos no día a día.
