Programa “Edúcame con Sentido”. Escola de Nais e Pais
Un programa dirixido a nais e pais de todas as idades, pensado para acompañar e apoiar na complexa tarefa de educar cos valores e ferramentas axeitados.

Detalles do programa:
Duración: 10 sesións (1 sesión ao mes, dunha hora de duración).
Modalidade: Individual ou familiar.
Prezo: 30€ por sesión.
Temáticas abordadas: límites e normas, xestión de conflitos familiares, prevención de drogas, evolución infantil, sexualidade, apego, educación emocional, entre outros temas clave para o benestar familiar.
Impartido por: Educadora Social cualificada.
Un espazo para reflexionar, aprender e fortalecer os vínculos familiares cunha educación consciente e con sentido.
